InicioOccidentalCervoFormoso defende "facilitar" os parques eólicos para que Alcoa sexa viable

Formoso defende “facilitar” os parques eólicos para que Alcoa sexa viable

Argumenta que así se podería chegar a un prezo eléctrico "competitivo".

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, a “facilitar a tramitación de todos os parques eólicos que sexan necesarios para que o prezo da enerxía sexa competitivo” para a planta de Alcoa en San Cibrao.

O líder dos socialistas galegos pronunciouse deste xeito tras manter en Cervo un encontro co comité de empresa da factoría. Na súa intervención, da que informou o PSdeG, acusou Feijóo de ir “a San Cibrao a meter medo a toda unha comarca” e “pór en dúbida o traballo enorme dos representantes dos traballadores” da planta de aluminio.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que acuda a “mostrar un camiño de luz e esperanza” e emprazou a todas as administracións implicadas a que “poñan toda a carne no asador” para “acompañar no proceso” e que “a posta en marcha das cubas sexa unha realidade”. Ademais, Formoso ratificou o apoio do PSdeG “ao completo e a toda unha comarca que ten que volver producir aluminio primario”, unha necesidade “estratéxica para Galicia e para todo o país”.

O xefe de filas dos socialistas galegos desprazouse ata Cervo, onde mantivo unha reunión co comité de empresa da planta de Alcoa para “coñecer ao detalle o seguimento do acordo formado coa compañía”. Na reunión tamén estiveron presentes a parlamentaria autonómica Patricia Otero e o secretario de Industria do PSdeG e alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...